Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Oleiros traslada á fiscalía a venda da parcela do parque comarcal de bombeiros


O Concello de Oleiros notifica á fiscalía a venda, por parte do Concello de Arteixo, da parcela na que se atopa o parque comarcal de bombeiros que presta servizo a toda a comarca da Coruña. Para realizar esa venda, o Concello de Arteixo debería previamente desafectar a parcela do servizo público ao que estaba asignada.

A Deputación da Coruña, como parte afectada ao formar parte do Consorcio de Bombeiros, tamén acordou suspender esta venda e enviou un oficio ao Concello de Arteixo solicitando a paralización do proceso e advertindo das responsabilidades legais da operación.